Pauline en la Playa

Home/2017, Bandas, Santiago/Pauline en la Playa

PaulineenlaPlaya

facebook  Music  Web

Pasaron case vinte anos desde aquel “Nada como el hogar”, primeiro EP de Mar e Alicia Álvarez co que daquela era proxecto alternativo a Undershakers, banda esencial do Xixón Sound na que as irmás militaban. Hoxe, tras cinco discos, son referencia indiscutible do pop en español.

Na súa música -coma no filme de Rohmer do mesmo nome- alegría e tristeza son sempre serenas. Cun pé no jazz, a súa proposta é intelectual e emotiva á vez, con letras de eco prolongado. A claros referentes como Vainica Doble ou Le Mans, elas súmanlles un uso da instrumentación delicado e elegante, de matices e arranxos que pareceran extraídos dun cofre de reliquias pop.

[accordian] [toggle title=”Onde” open=”yes”]Casa das Crechas | 18:00h[/toggle] [/accordian]

By |Febrero 22nd, 2017|Categories: 2017, Bandas, Santiago|0 Comments