Ainda que a súa tapa de tortilla de patatas está preto de disputar ao Apóstolo o título de reclamo maior de Compostela, a carta do Moha ofrece moito máis. Situado no corazón da zona vella compostelana, ao carón do Teatro Principal e da Igrexa de Santa Salomé, o recente cambio de local permitíu gañar en espazo mantendo a mesma calidade. Nesta edición do Primos Hermanos serán eles os que preparen un menú tradicional con propostas de Asturias e Galicia.
Programa

14:45 – Xantar de irmandamento