La Bande

La Bande

facebook Web

Partindo de fórmulas da música tradicional hispana como a jota, a rumba ou a muiñeira, La Bande consegue pezas pop de exquisito sabor fronteirizo. Percíbese a Caléxico, en parte grazas a uns ventos dos que non prescinden no directo, ou ao primeiro Nacho Vegas.

Asoma tamén Dylan nunha colaxe do que facilmente poderían formar parte Fleet Foxes ou Leonard Cohen. Os textos enriquecen as cancións que forman “Un cadáver exquisito”, o seu segundo traballo,  con narracións propias da novela negra, vea quizáis marcada pola militancia dun dos seus membros no colectivo poético “Patarrealismo Salvaxe”.

[accordian] [toggle title=”Onde” open=”yes”]Riquela Club | 21:00h[/toggle] [/accordian]

By |Febrero 22nd, 2017|Categories: 2017, Bandas, Santiago|0 Comments