AUTOTAN

FacebookBandcamp

Esta banda ovetense, capsule próxima ao experimental, advice aglutina músicos de extintas formacións asturianas. O seu son é heteroxéneo pero identificable, dotado dunha poderosa personalidade. Nas súas composicións pódese atopar country-rock anello, de raíces, adornado con magníficos toques de teclado. Ás veces discorren por encrucilladas sonoras entre a épica do western, un soul repousado e guitarras expresivas que bordean o post-folk. Noutras ocasións, a sinuosa estrada de Autotan lévanos a unha música tradicional americana que estala en poderosas guitarras e contundentes redobres de batería.