O Festival

Galegos e asturianos, ¡primos hermanos!
O festival Primos Hermanos xurde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios.

Música

A primeira das xornadas da iniciativa, organizada pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural e que cumpre catro anos neste 2017, terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 01 de abril. Neste día, tódos os artistas invitados serán de orixe asturiano (Catete Rococó, San Jerónimo, Pauline en la Playa, La Bande e Captains), e contará coa colaboración dos locais Embora, A Casa das Crechas e o Riquela Club.

Pola súa banda, tres propostas galegas protagonizarán a edición asturiana do festival Primos Hermanos, que se celebrará o próximo 15 de abril en Oviedo. En concreto, o cartel está conformado por Pardo (en Casa Pachu), Bifannah e Familia Caamagno (en La Salvaje).

Gastronomía
Ademáis, en Santiago (en Moha Rúa Nova) celebrarase un xantar de irmandamento baseado na gastronomía galega e asturiana, seguido dunha prolongada sobremesa de confraternización, momento perfecto para entonar cánticos populares de ambas rexións, debatir sobre o estado da escena musical e que xurda.

1  DE ABRIL DE 2017

SANTIAGO DE COMPOSTELA

El Festival

15 DE ABRIL 2017

UVIÉU